Tes roupa no armario que non usas e non sabes que facer con ela?
Es unha fashion victim, mais tamén es anticapitalista?
Ven ao Trocofest e renova o teu armario sen pasar por caixa!
Cando? Venres 12 de xuño de 17 a 20.30h
Onde? A Revolteira (rúa Falperra, 13), A Coruña
Trae a roupa que non precises, en bo estado, e colócaa nos espazos habilitados para cada prenda, coma se fose unha tenda (camisolas, zapatos, abrigos, chapeus…)
Non hai límite para coller, mais para traer pedimos un máximo de 10 prendas por persoa (temos espazo limitado para almacenar!).
Ademáis desta volta contaremos cun espazo de reparación de roupa, transformación de roupa vella noutras prendas, xunto cun recuncho artístico de estampación e bordado.
Lembra que será na Revolteira, así que, coma sempre, haberá espazo para socializar, sentarse e gozar da música e des amigues!
Se tes algunha dúbida sobre a actividade, activistas@amigasdaterra.net


Leave A Comment