colleja_150x101Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballan dende o pasado 2010 no proxecto “Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica”. Co obxectivo de dar a coñecer os resultados deste proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, durante esta fin de semana, levaremos a cabo no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas unhas xornadas, que servirán de punto de encontro entre os axentes do mundo ambiental, o mundo académico e o público en xeral.

Este proxecto pretende predicir mediante simulacións estatísticas cal será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica. Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad pretenden empregar os resultados cun dobre obxectivo:


1. Que técnicos/as, científicos/as e xestores/as dispoñan dun coñecemento obxectivo sobre a modificación da biodiversidade ibérica para elaborar plans de xestión e adaptación da flora e as áreas protexidas.

2. Difusión dos resultados ao público xeral para tomar conciencia do impacto que a crise ambiental ten sobre a valiosa biodiversidade ibérica.

As xornadas están financiadas pola Fundación Biodiversidade.

Aquí podedes consultar o programa completo das xornadas.