Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballan dende o pasado 2010 no proxecto “Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica”. Co obxectivo de dar a coñecer os resultados deste proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, durante esta fin de semana, levaremos a cabo no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas unhas xornadas, que servirán de punto de encontro entre os axentes do mundo ambiental, o mundo académico e o público en xeral.
Este proxecto pretende predicir mediante simulacións estatísticas cal será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica. Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad pretenden empregar os resultados cun dobre obxectivo:
1. Que técnicos/as, científicos/as e xestores/as dispoñan dun coñecemento obxectivo sobre a modificación da biodiversidade ibérica para elaborar plans de xestión e adaptación da flora e as áreas protexidas.
2. Difusión dos resultados ao público xeral para tomar conciencia do impacto que a crise ambiental ten sobre a valiosa biodiversidade ibérica.
As xornadas están financiadas pola Fundación Biodiversidade.
Aquí podedes consultar o programa completo das xornadas.
Increible fin de semán.
O nivel, accesibilidade, calidade e claridade dos poñentes foi excepcional.
O entorno, como sempre, unha maravilla, e o público/participantes foron moi activos no intercambio de ideas/visión.
Por certo, os meus parabens a equipa das Corcerizas e a AdT en xeral porque é a primeira vez que se xuntan todos estes expertos, co beneficio que para o seu traballo conleva o intercambio e refresco de ideas e ferramentas.
Continuo na miña reflexión persoal de que podo facer eu para combatir o cambio climático no meu día a día?
Quen me axuda a cevolucionar?