O domingo 23 de abril coa Coordinadora Eólica Así Non “Rodeamos a Xunta”

Cargando eventos

 

A Coordinadora Eólica Así Non, da que Amigas da Terra forma parte xunto con máis de 200 colectivos, convoca á cidadanía galega a unha nova mobilización por unha transición enerxética xusta que permia á cidadanía recuperar a xesrtión do seu territorio e da súa enerxía

o domingo 23 de abril ás 12:00h

RODEAMOS A XUNTA

Edificio de San Caetano, Santiago de Compostela

Esixíndolle ao goberno galego:

  • A denegación da autorización dos 77 macroproxectos eólicos con DIA favorable e pendentes de aprobación inminente por parte da Xunta
  • A paralización inmediata doutros 150 proxectos eólicos aínda en tramitación que aínda non teñen DIA favorable
  • Unha nova planificación eólica pública, ordenada e participada
  • A restitución dos dereitos de participación pública usurpados polas leis de depredación
  • A ampliación da Rede Natura galega e a preservación dos hábitats de elevado valor ecolóxico

Fagamos Nosa a Enerxía

Soberanía Enerxética xa!

Enerxía entre todas e para todas

Leave A Comment

Go to Top