Folga Global polo Clima: 3 de marzo por un futuro ecofeminista

Cargando eventos

O cambio climático non é unha crise que só afecta ao planeta, senón tamén ás persoas. As mulleres e algunhas minorías son especialmente afectadas debido ás estruturas do sistema no que estamos.

A violencia sistémica leva a que as desigualdades sociais predominen e empeoren, o que significa que a crise climática inevitablemente impactará en maior medida en grupos sociais que son discriminados e marxinalizados pola sociedade.

Queda claro que estamos nunha crise climática e social. Por iso, necesitamos solucións interseccionais, onde se considere tanto a emerxencia climática como se recoñeza a todas aquelas persoas que son máis afectadas simplemente debido á súa identidade.

O 3 de marzo saímos ás rúas para demandar que se tomen accións que nos permitan reparar o dano causado e construír cidades nas que mereza a pena vivir e que loiten contra as desigualdades. Necesitamos cidades sostibles, un futuro ecofeminista agora e xustiza climática porque mañá será demasiado tarde.

Vés loitar pola xustiza climática e social?

#FuturoEcofeminista

#TomorrowIsToLate

Se queres consultar outras mobilizacións previstas en todo o estado español preme aquí >>>

Aquí podes ler o manifesto da campaña  https://juventudxclima.es/2023/02/23/3-de-marzo-por-un-futuro-ecofeminista/

Leave A Comment

Go to Top