Fagamos nosa a enerxía: comunidades enerxéticas sen deixar a ninguén atrás

Cargando eventos

Desde Amigas da Terra convidámosvos a participar nunha xornada centrada no impulso de Comunidades enerxéticas desde, por e para o rural, onde cremos que as Comunidades Veciñais de Montes xogarán un papel fundamental.

Poderedes coñecer algunhas das experiencias que temos no país, como son as de Tameiga, Buchabade, Liñares e Froxán, e tamén a escoitar e contactar con persoal experto que nos orientarán sobre a estrutura, o financiamento e outros aspectos desta nova figura do sector enerxético.

 

Inscricións >>>>

O obxectivo desta xornada é achegar ás comunidades de montes veciñais en man común e a outras axentes relacionadas coa xestión do territorio, a posibilidade de impulsar a transición enerxética xusta a través das comunidades enerxéticas, dándolles a coñecer persoas e entidades que lles poidan axudar e acompañar en diferentes fases do proceso.

Pero non so isto, as comunidades enerxéticas tamén son unha oportunidade para loitar contra pobreza enerxética e para impulsar a xustiza social.

Pola tarde teremos mesas de traballo que incluirán a participación de colectivos tradicionalmente infrarrepresentados dentro do sector enerxético e que poden ser importantes axentes de cambio como son as mulleres, os migrantes, persoas vulnerabilizadas, … Analizaremos as barreiras e tentaremos buscar solucións inclusivas e participadas.

Fagamos Nosa a Enerxía!!!

Soberanía Enerxética Xa!!!!

Leave A Comment

Go to Top