
Amigos da Terra denuncia que o Voitre “Vigo”, nacido no zoo vigués cambiará o tamaño da súa gaiola, pero nunca voará en liberdade. O equipo técnico do zoo vigués domesticouno, converténdoo nunha mascota e facéndoo irrecuperable para a súa liberación na natureza.
O tan anunciado “grande éxito” de Vigozoo traducirase finalmente nun rotundo fracaso que se salda neste caso con outra vítima inocente, o infeliz voitre, condenado a cadea perpetua pola incompetencia do equipo técnico do zoo vigués. “En Vigozoo, tras tantos anos dedicados a domesticar animais silvestres, para encerralos en gaiolas de por vida e degradados á condición de espectáculo de circo, son incapaces de entender que no caso deste voitre se trataba de facer exactamente todo o contrario, e o peor, é que nin o entenden, nin saben como facelo, declarou Antón Lois, vogal de comunicación de Amigos da Terra.
A súa situación é irrecuperable, xa que ao non identificar ao ser humano como un potencial perigo, máis ben ao contrario, a súa “educación” en permanente contacto cos humanos, o condiciona para ver nas persoas unha fonte doada e segura de subministración de alimento.”A súa primeira reacción na natureza, ao ter que disputar a comida cos seus compañeiros de especie, autenticamente silvestres, será achegarse a calquera persoa solicitando alimento. Non sabe que é un voitre, porque o seu proceso formativo proporcionaronllo os humanos e é aos humanos aos cales identifica como a súa familia“, manifestou Lois.
A asociación contactou directamente con Black Vulture Conservation Foundation (BVCF) de Mallorca, entidade á que Vigozoo enviará o buitre, informándoos das irregularidades do protocolo da cría deste. A súa resposta foi moi clara, “polos contactos que mantemos con Vigozoo…imaxinabámonolo”.
Paralelamente, fontes internas do propio Vigozoo confirmaron a Amigos da Terra o que xa era unha evidencia mostrada reiteradamente a través dos medios de comunicación e os propios vídeos divulgados polo zoo, nos que se aprecia esta domesticación, sobre todo nas declaracións da súa coidadora “cos demais aínda non ten tanta confianza, pero a min xa me coñece” mentres o dá de comer na man.
A constante presenza humana que o acompañou dende o seu nacemento e o permanente contacto directo con seres humanos, provocaron no voitre “Vigo” a súa impregnación e troquelado, o que contradí absolutamente todos os protocolos de cría en catividade para reintrodución na natureza de fauna silvestre. Na Black Vulture Conservation Foundation (BVCF) intentarán reverter ese proceso e “asilvestrar” a este voitre, que Vigozoo lles enviará domesticado. Aínda que o proceso é xa irreversible e confiamos que a BVCF non cometerá a grave irresponsabilidade de intentar introducilo na natureza.
Así mesmo, dende a asociación recordamos que no momento de nacer o voitre, Vigozoo se encontraba novamente cunha ameaza de peche por incumprir reiteradamente todas as prórrogas extraordinarias concedidas para adaptarse á normativa europea, circunstancia que segue sucedendo. Nese contexto, necesitaba desesperadamente un éxito para publicitarse ante a opinión pública, e fixérono a custa de condenar a cadea perpetua o voitre leonado. “Definitivamente, un voitre que, como amosan as imaxes de Vigozoo, non mostra temor nin agresividade ante o contacto co Alcalde non ten ningunha posibilidade de sobrevivir na natureza“, conclúe Antón Lois.
Esto es una verguenza. Poco hay que saber de conservación de las especies para darse cuenta que un animal troquelado es irrecuperable y jamás volverá a adaptarse a su medio por culpa de la intervención del hombre. Menuda mierda de programas de conservación tienen en Vigo-zoo!!!