FORESTAL

Amigos da Terra, compañeiros/as dos falecidos e representantes doutras organizacións, participamos onte nunha concentración en lembranza e solidariedade coas familias e compañeiros/as dos brigadistas falecidos na extinción do lume de Fornelos de Montes o pasado 13 de agosto.

Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, os/as traballadores/as do Distrito Forestal XII Miño-Arnoia (Ourense) leron un manifesto en recordo dos falecidos, no que esixiron, entre outras cousas, un cambio real na política de loita contra o lume levada a cabo na comunidade, a posta en marcha de campañas de educación-sensibilización dirixidas ao conxunto da sociedade, así como o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, para que deste xeito, traxedias como esta non volvan a suceder.

100816_concentracin_lumes

“Rematar coa eiva incendiaria é posible e para elo é imprescindible a colaboración do conxunto da sociedade”.

Aquí podedes ler o manifesto completo.