Un ano máis desde a Casa da Xuventude de Ourense se organiza a “Casa Solidaria” do 01 ao 15 de Decembro, e que xunta a unha veintena de asociacións de medio ambiente, sociais, culturais, de inmigracións, etc., cun obxectivo común sensibilizar e promover na poboación de Ourense a Solidariedade.

Este ano Amigos da Terra participará cunha exposición de fotos do proxecto trinacional “Promovendo a Conservación do Recursos mariños costeiros e o incremento dos beneficios da pesca artesanal no Golfo de Fonseca”, nela poderá observarse as vivencias das comunidades, a súa vida cotiá, a participación da muller nos procesos de desenvolvemento, a educación como clave para unha boa xestión dos recursos naturais, etc. Dita exposición podera visitarse a partir do día 02 ata 15 de decembro. 

Por outra banda o xoves día 11 de decembro as 20:00h, contaremos coa presencia de David Sánchez, Responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra Estatal que falara sobre os mal chamados “biocombustibles” e as problemáticas que causan nos países máis pobres.

E tamén os nosos voluntarios europeos participaran o xoves día 04 a  partir das 20:00h cunhas historias orixinarias do seus países, e por último o día 12 de decembro haberan na Facultade de Ciencias da Educación, unha xornada de convivencia intercultural, na que teremos degustacións de pratos típicos de diferentes países.

Podes ver o detalle das actividades na axenda

Esperamoste!!!