A Facilitación é unha metodoloxía que nos permite acompañar aos grupos para apoiar a súa calidade de vida. Este curso ten unha mirada holística da vida, ecosistémica, entendendo que aquelo que acontece nos grupos ten que ver cos individuos que o compoñen, coa suma das súas interaccións e co contexto socio-histórico no que se atopan. Nun momento de crise ecosocial como é o noso presente, aparécensenos grandes desafíos como comunidade, desde os pequenos colectivos que habitamos ata a sociedade da que facemos parte. A Facilitación mira para estes retos como unha oportunidade para fortalecerse, medrar e poder ser máis resilientes como comunidade humana implicada na sustentabilidade da vida.

A colectiva de facilitación e formación con mirada interseccional Subúrbia e a organización ecoloxista Amigas da Terra, compremetidas cun cambio de paradigma no noso modelo de relacionarnos, organizan o curso medio de facilitación de grupos acreditado polo IIFACe (Instituto de Facilitación y Cambio).

Entre xaneiro e setembro de 2027 en A Casa Vella (Allariz), entorno de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza).

Consulta a guía completa do curso: GUIA NIVEL MEDIO 2027

Persoas destinatarias:

O Curso de Nivel Medio está destinado a aquelas persoas que tiveran cursado o Nivel Básico e queiran seguir aprendendo e integrando a práctica facilitadora nas súas vidas.

Estutura e metodoloxía:

O Curso de Nivel Medio de Facilitación de Grupos estrutúrase en 8 módulos presenciais entre os meses de xaneiro e setembro de 2027. A duración total do curso é de 150 horas formativas, distribuídas do seguinte xeito:

  • 120 horas presenciais [8 módulos de 15 horas cada un]
  • 30 horas de traballo persoal (individual e en grupos de aprendizaxe colaborativa).

Datas :

MÓDULO 1: 16-17 de Xaneiro

MÓDULO 2: 20-21 de Febreiro

MÓDULO 3: 13-14 de Marzo

MÓDULO 4: 9-10 de Abril

MÓDULO 5: 1-2 de Maio

MÓDULO 6: 5-6 de Xuño

MÓDULO 7: 3-4 de Xullo

MÓDULO 8: 18-19 de Setembro

 

Prazas limitadas. Prazo de inscrición: ata o 30 de novembro: Inscríbete aquí.

Máis información: facilitacion@amigasdaterra.net / 600051041