Que é o Servizo Voluntario Europeo?
O Servizo Voluntario Europeo (SVE) é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece a posibilidade de participar nun proxecto de voluntariado durante un período de seis meses a un ano. Os mozos e mozas poden colaborar nunha entidade de calquera país da Unión Europea.
Que fai o voluntario?
O SVE permite participar nun proxecto desenvolvido por unha asociación, unha entidade local ou calquera ONG, que se encargue de organizar a estancia do voluntario, planificar seu traballo e formación, e facilitar a integración do voluntario no país.
Cales son as temáticas dos proxectos?
Pódese participar en proxectos de temáticas moi diversas:
- Protección do medioambiente
- Integración social
- Conservación do patrimonio
- Desenvolvemento de actividades para mozos
- Culturais
- Deportivos
- …
Cantos cartos costa?
0 euros. A Unión Europea financia o 100% dos gastos: aloxamento, manutención, formación lingüística, seguro e ademais proporcionan un diñeiro de peto para o voluntario.
Como e cando facelo?
Para realizar o SVE necesítase unha entidade de envío, que facilita os tramites administrativos, e busca proxectos nunha entidade de acollida.
Prazos:
Son moi flexibles, ao longo do ano hai 3 prazos para presentar as solicitudes: 1 de Febreiro, 1 de Maio e 1 de Outubro. Dependendo de cando se queira participar e realizar o voluntariado presentase a solicitude, hai que ter en conta que se precisan de 4 a 5 meses posteriores as datas de presentación das solicitudes.
Quen pode participar?
Mozos e mozas de 18 a 30 anos, residentes na Unión Europea. Non se necesita ter unha formación cualificada ou especifica, nin coñecementos do idioma, só ten que ser capaz de comunicarse e ter ganas de aprender.
Desde a asociación Amigos da Terra queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no programa SVE – Servizo Voluntario Europeo a que non desaproveiten esta oportunidade.
Podedes consultar o noso blog evsinadt donde tedes diferentes novas dos nosos voluntarios europeos.
Se queres máis información ponte en contacto connosco.