Inflúe o xénero na participación nas asociacións? É unha barreira? Cal é a súa relación cos coidados nos grupos? É necesaria unha perpectiva de xénero nas nosas entidades? Existe relación entre os roles de xénero e os espazos de decisión nas organizacións?
Pois falémolo, debatámolo e aprendamos xuntas…
Como?
Partindo da premisa de que sen xustiza de xénero é imposible acadar xustiza ambiental, social nin económica, imos crear un espazo para compartir experiencias en torno á participación, os roles de xénero e os coidados dentro dos grupos. A través da educación popular e de experiencias de aprendizaxe non formal queremos dende unha perpectiva de xénero abordar abordar os problemas en torno á participación dentro das entidades, reflexionar sobre o poder e os privilexios e avanzar na xestión dos coidados nos grupos, baixo criterios de corresponsabilidade, xustiza e sustentabilidade.
Quen?
O obradoiro está deseñado por unha equipa interdisciplinar con traxectoria no feminismo e na dinamización e facilitación de grupos: Mar Cendón, María Rosendo e Mari Fidalgo.
Cando e onde?
Sábado 29 de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (*)
Centro Civico Colón
Rúa Colón, 18-20 Ourense
Domingo 30 de 10:00 a 14:00
Local Scouts Ilex 695
Rúa Pena Trevinca, 32 baixo Ourense
Para quen?
Terán preferencia as persoas activistas de Amigos da Terra, sen embargo esta xornada está enfocada a calquera persoa que, de forma persoal ou profesional, participe ou dinamice grupos e teña interese en reflexionar e incorporar o feminismo dunha forma transversal dentro de entidades ou movementos sociais.
Canto?
O curso é de balde con posibilidade de financiación dos desprazamentos e convidamos ao xantar do sábado (*).
Se resides fora da cidade de Ourense estamos a negociar para obter prezos asequibles de aloxamento para a noite do sábado.
Esta xornada está financiada polo programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
PRAZAS LIMITADAS!! Necesaria preinscripción aquí >> antes do 21 de septembro.
Bos días,
Dan algún tipo de certificado/asistencia ás xornadas?
Grazas