Desde Amigos da Terra estamos a organizar unha gran acción global o sábado 14 de outubro con accións descentralizadas en todo o mundo. En Santiago de Compostela e Ourense, xa temos o programa de actividades!!! Baixo o lema de Libera a túa enerxía! estamos a preparar unha acción lúdica e reivindicativa na que te convidamos a participar para denunciar os abusos de poder das grandes enerxéticas e reclamar xustiza climática.

Concretamente pintaremos de xeito colaborativo un mural e ao seu redor levaranse a cabo distintas actividades para todos os públicos: actuacións musicais, talleres para nenas e nenos, xogos, etc. E para rematar invitámoste a uns petiscos ecolóxicos.

Os programas son:

SANTIAGO DE COMPOSTELA (Centro Socio Cultural Pontepedriña)

11:00 a 14:00 Ven a pintar un mural co artista CONSAFOS

Xogos infantís

12:00 Taller de regueifas  para nenxs e adultxs con Sara Marchena e Esther das Luras colaboradoras do proxecto Regueifesta

13:30 Sesión vermú  con As Punkiereteiras

14:00 Petiscos


OURENSE (R/ Dr. Fleming 26 cruzamento ca rúa Reza)

17:00 a 20:30 Ven a pintar un mural co Colectivo Matrioska

Exposición de trebellos de enerxías renovables a cargo de Montaxes Lagoa

17:30 a 19:30 Ciclobiblioteca e “Contos para coidar a Terra” con Anxo Moure

19:30 Verbena con Ce Orquestra Pantasma

20:30 Petiscos

Participa! Únete! para transformar o modelo enerxético actual, con solucións reais.