Desde Amigos da Terra estamos a organizar unha gran acción global na que participan todos os grupos da nosa federación, con accións descentralizadas en todo o mundo.
En España os nosos grupos locais están a preparar unha acción lúdica e reivindicativa na que che convidamos a participar para denunciar os abusos de poder das grandes enerxéticas e reclamar xustiza climática.
As empresas enerxéticas están a destruír a vida das comunidades en todo o mundo, contaminan os nosos ríos, as nosas terras e o noso aire, aceleran o cambio climático e acaparan terras, expulsando a comunidades enteiras e privándolles dos seus recursos.
Pero non nos van a calar, podemos cambialo.
Somos parte dun movemento mundial que loita xunto ás comunidades para transformar o modelo enerxético actual, con solucións reais. Queremos demostrar que cando loitamos xuntos somos máis fortes.
Queres participar nun movemento global que loita pola xente e o planeta para lograr xustiza climática e enerxética?
Únete ao Día de Acción Amigos da Terra! Libera a túa enerxía!
Se queres participar escrébenos ponte en contacto con nós no email: voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
A federación de Amigos de la Tierra Internacional une a diferentes organizacións de todo o mundo. Somos un movemento de base horizontal e asembleario onde l@s activistas son nosa principal forza para lograr xustiza climática e enerxética.
Se queres coñecer mellor o noso traballo neste tema convidámosche a que visites a área de clima e enerxía da nosa web.