
Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo levará a cabo a segunda formación, “ReparAcción. Activándonos contra a obsolescencia programada” o vindeiro martes 27 na Facultade de Ciencias no campus ourensán.
Durante esta sesión intentarase responder a que é iso da obsolescencia programada. Darase a coñecer varios exemplos e as implicacións sociais e ambientais na depredación dos recursos naturais tanto no norte como no sur. Así mesmo tamén se mostrará a vinculación deste concepto ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. E xa por último, veranse medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo.
Sesión 2. ReparAcción. Activándonos contra a obsolescencia programada.
Data: 27 de outubro
Hora: 18:30
Lugar: Aula B2 — Facultade de Ciencias (Ourense)
Para poder asistir as charlas será necesario inscribirse no correo electrónico voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Se queredes saber máis sobre a Escola de Sustentabilidade podedes consultar aqui >>>>
