Este mes de xaneiro estamos a colaborar co fotógrafo Andoni Canela na presentación do seu libro por terras galegas, máis concretamente nas cidades de Ourense e Vigo.
· Ourense. Venres 16 de xaneiro. 19.00 h. Aula de Natureza do Río Miño (Oira)
· Vigo. Mércores 21 de xaneiro. 20.00 h. Javier Teniente Photo Gallery (Aveleira Menendez, 14)
Para este evento contaremos coa presenza do autor que estará acompañado en cada ocasión por un experto naturalista da localidade que nos introducirá no tema analizando os principais desafíos da conservación no noso territorio e na que se fará evidemente especial fincapé nesta singular especie que sempre está rodeada de polémica. Alberto Rivero, un gran colaborador da nosa entidade, autor do blog Fauna Vertebrada de Ourense será quen asuma este papel en Ourense, mentras que Anton Lois, un dos nosos activistas máis veteranos e recoñecidos, será a que lle corresponda esta tarefa na cidade olívica. O autor pola súa banda contará nun relatorio as súas experiencias e anécdotas en relación a este extenso traballo de caza fotográfica deste esquivo e mítico animal.
Este libro reúne as fotografías de lobos ibéricos en liberdade que Andoni Canela tomou durante os últimos vinte anos. A obra contén numerosas imaxes inéditas como a reunión dunha manda de trece lobos, a nai loba alimentando os cachorros, lobos atravesando a montaña nevada en inverno, o xogo frenético dos lobetos no bosque e as noites escoitando os seus ouveos no monte. As fotos tomáronse en algunhas das paisaxes máis agrestes da Península Ibérica: as montañas de Riaño, o Val de Somiedo, os Ancares, a Serra da Culebra e na contorna dos Picos de Europa. O libro
inclúe textos de Juan Carlos Blanco, biólogo e membro do Grupo de Especialistas do Lobo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), que tratan sobre a bioloxía e a conservación desta especie.
Andoni Canela fotografou desertos, selvas tropicais, glaciares, volcáns, mares e montañas nos cinco continentes. Tamén realizou numerosos proxectos destinados a documentar a bioloxía da fauna ameazada de distintos hábitats: o tigre de bengala na India, o oso panda na China, a balea gris de Baixa California ou o oso polar no Ártico son algúns ejemplos. As súas fotografías aparecen regularmente en medios de comunicación como National Geographic, La Vanguardia, El País, BBC Wildlife, Newsweek e Sunday Times. A súa obra foi exhibida en numerosas exposicións individuais en España, Portugal, Italia, Inglaterra e Corea.
Os actos están organizados en colaboración coa Aula de Natureza do Río Miño (Ourense) e Javier Teniente Photo Gallery (Vigo) en cuxos locais terán lugar os actos de presentación, nos que as persoas participantes terán ocasión de que o autor lle deixe unha adicatoria manuscrita ou mercar algún exemplar desta magnífica obra.
Outras localidades galega nas que tamén se presentará o libro son:
Rábade-Lugo. Sábado 17: Rábade-Lugo. Ás 18:30 h na Casa das Insuas, Rábade (Lugo). Coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Ferrol. Lunes 19: Ferrol. Ás 19:00 h. Ateneo Ferrolán, Magdalena, 202. Coa colaboración de Verdagia.
Santiago de Compostela. Martes 20: Santiago de Compostela. A 19:45h. na Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6. Coa colaboración de GEAS.