As últimas actuacións do Concello de Ourense en canto ao patrimonio arbóreo da cidade poden encadrarse/denominarse como “arboricido xeneralizado” nestes últimos días a cidade de Ourense e moito máis probe en canto ao seu patrimonio natural. Cedros, chopos brancos, cipreses, plátanos comúns…foron cortados polo pé ou foron mutilados/decapitados sen seguir os máis mínimos consellos existentes nos manuais básicos da arboricultura tanto moderna como antiga.
A “decapitación” dos Platanus hispánica do Parque das Mercedes son unha demostración de falla de sensibilidade, de falla de visión de futuro, de falla de políticas medio ambientais axeitadas, de falla de respecto cara o patrimonio arbóreo. Árbores perigosas!!!! o perigo non son as árbores, o perigo está nas persoas que deciden este tipo de actuacións, o “terciado/poda” bestial que se lle fixo aos plátanos non ten ningún tipo de xustificación, evidentemente se hai/había tres/catro exemplares enfermos non queda máis remedio que intentar curalos e como ultimo recurso cortalos se realmente supoñen risco para a cidadanía o que nunca se pode e xustificar é como deixaron ás árbores “árbore farol ou tótem indíxena norteamericano”.
Dende Amigos da Terra queremos lembrar que estas actuacións son realizadas por unha empresa privada “externalización de servizos/privatización de servizos municipais” traballos de urxencia que nos custa a tódolos ourensáns 24.000 euros, traballos que a empresa ten que realizar nun prazo de 22 días, xa sabemos aquelo de que “as presas non son boas conselleiras” polo que o estrago do patrimonio natural da cidade pode ser debido a premura do tempo.
Non se poden tratar as árbores como se foran mobiliario urbano, tratalas como se fosen farois, tampouco se poden agochar no falso argumento do seu estado sanitario ou na seguridade. As árbores nas cidades, como ser vivo que son, precisan de coidados, de tratamentos axeitados, de seguimento anual do seu estado e necesidades, de curas de selo caso…
Amigos da Terra considera que este tipo de actuación podían evitarse se no Concello de Ourense estivera creado o imprescindible Consello de Medio Ambiente, neste consello de participación pública, podían aportarse ideas, planos de actuación, inmediata catalogación das árbores existentes na urbe, necesidades de mantemento do patrimonio arbóreo. O que si temos claro é que o camiño collido polos responsables de medio ambiente da cidade están a anos luz do que ten que ser unha cidade medioambientalmente sustentable.

Está mui claro, o ser una empresa privada, canto mais a rente os poden mais tarde haberá que podalos.Simplemente un negocio, cuestión de cartos.