portada_residuos_publicacionAmigos de la Tierra España presenta unha nova publicación sobre cooperación e medio ambiente. A partir da experiencia obtida a partir de proxectos desenvoltos tanto en España como en Centroamérica, “Residuos como recursos. Exemplos prácticos de Centroamérica e España” achega información, recomendacións e conclusións sobre a xestión sostible dos residuos e a consecuente redución no uso de recursos naturais.

A mellora na xestión de residuos leva asociada un incremento na calidade de vida e na saúde das comunidades, tanto pola mellora na salubridade da zona, como pola creación de novos empregos asociados ao novo sistema de xestión.

Os recursos naturais son escasos e unha filosofía de redución, reutilización e reciclaxe dos residuos permite non só reducir a dilapidación dos mesmos, senon tamén diminuír o impacto ambiental asociado tanto á súa extración e explotación, como á súa eliminación.

Ao mesmo tempo que se mellora a protección e conservación do entorno a xestión sustentable dos residuos, mediante a recuperación de materiais ou a elaboración de abonos orgánicos, ofrece novas fontes de ingresos ás comunidades, que participan activamente da protección e conservación do medio ambiente no que viven.

Os proxectos analizados, desenvoltos en El Salvador, Honduras e Nicaragua, permiten extraer leccións de aprendizaxe e claves para o éxito deste tipo de iniciativas. Así pois, a implicación dos poderes públicos (alcaldías e concellos, principalmente), a capacitación e educación ambiental ou a difusión e o achegamento do proxecto á poboación identifícanse como elementos comúns que toda actuación no eido da xestión sostible de residuos debe contemplar.

Residuos como recursos. Exemplos práctico de Centroamérica e España