
Cada ano sucede o mesmo, durante a tempada de verán centos de mascotas son abandonadas nas estradas porque os seus donos non poden ou non queren levarllos con eles de vacacións.
España é un dos países da UE con maior taxa de abandono animal e este ano, coa crise económica a cifra aumentou.
O abandono de mascotas é unha cruel realidade que temos que ver cada ano, e aínda que non só sucede na época estival cando chega o verán o número de mascotas abandonadas aumenta de forma alarmante. As escusas poden ser moitas, entre as máis comúns destacan a falta de concienciación, a compra compulsiva e as alerxias, pero neste caso a causa é o de menos, o importante é que temos que ser conscientes de que non podemos tratar así ao noso mellor amigo.
Na sociedade consumista na que vivimos, tendemos a pensar que a nosa mascota é un artigo máis, porén, adquirir un can ou un gato non é como comprar un par de zapatos novos, supón a incorporación dun novo membro a nosa familia e débese afrontar con responsabilidade. Hai que ter en conta o gran esforzo, os gastos económicos e coidados que conleva, por iso, senón podemos coidalo adecuadamente, o mellor é absterse de ter un animal na casa, e deste modo evitaremos que outra mascota sexa abandonada na estrada.
Non obstante, existen alternativas ao abandono, trátanse de medidas preventivas que evitarán que estes animais terminen nas rúas:
– Levarse o animal de vacacións: en España existen máis de 3.000 hoteis que permiten levar mascotas e cerca dun millar de cámpings. Na “Guía para viaxar con animais de compañía”, encontraredes información de todos os lugares nos que admiten mascotas, así como de clínicas veterinarias con servizo 24 horas, residencias caninas e consellos prácticos para viaxar con animais.
– Esterilización: é unha boa medida para non ter que desfacernos de camadas indesexables. Ademais, para quen non poida costearse a esterilización, en case todos os países existen organizacións que a fan gratis ou a un prezo moi reducido.
– Hospedaxes para cans: trátase dunha alternativa custosa, pero para quen non teña problemas económicos é unha boa solución.
– Buscar unha persoa responsable: outra opción é conseguir que un familiar, un amigo ou un veciño coide da nosa mascota mentres esteamos fóra, seguro que non lles suporá moito esforzo.
Mellor adoptar que mercar:
Se estades pensando en ter unha mascota, a adopción é a mellor das opcións. Ao comprar animais o que facemos é fomentar o negocio da crianza, ademais, nos refuxios de animais, encontraredes moitos cans e gatos en busca dun amigo. É recordade que adoptar un destes animais significa salvar unha vida.

Lei de Protección de animais domésticos:
A lei 1/1990 de 1 de febreiro, de Protección de Animais Domésticos, considera que abandonar ou maltratar un animal é unha infracción moi grave, e esta castigada con multas de entre 1.500 e 15.000 euros, así mesmo, pode comportar a prohibición de adquirir outros animais no prazo de un a dez anos.