Amigos da Terra pon en marcha unha horta comunitaria en Vigo. Unha parcela situada en Valladares será o espazo no que artellaremos este novo proxecto de agricultura ecolóxica. Para inicialo organizamos un obradoiro práctico o sábado 15 de xuño, no que contaremos de novo coa colaboración do labrego ecolóxico Jacobo Ojea, quen nos guiará en todo o proceso de preparación do terreo, construcción de bancais e planificación dos cultivos.
Destinatarios/as: Polo seu carácter de continuidade, esta actividade é indicada para todas aqueles persoas que viven no entorno da cidade, que queiran cultivar alimentos ecolóxicos para autoconsumo e que estean interesadas en implicarse nun proxecto autoxestionado e de traballo en equipo durante certo tempo.
Actividade gratuita, prazas limitadas. Se estás interesado/a en participar, solicita máis información!
Data e hora: sábado 15 de xuño (hora por determinar)
Lugar: Valladares, Vigo
Máis información: cooperacion@amigasdaterra.net
sembrado de caabazas para o alcalde????