charla_transxenicos_vigo

Amigos da Terra convídavos á charla informativa “O que deberías saber dos transxénicos”, que terá lugar este venres 24 de maio ás 20:00 horas no Centro Cívico de Teis, Vigo. O coloquio, organizado a través da Plataforma Galega Antitransxénicos, contará coa participación de representantes das agrupacións ecoloxistas Infotransxénicos Tui e Greenpeace, quenes tratarán de achegar a situación actual e os impactos deste tipo de alimentos.  Achégate a descubrilos!

Así mesmo, convidámosvos a coñecer a campaña Únicos en Europa, que Amigos de la Tierra está a desenvolver, e na que informa á sociedade sobre os graves impactos sociais, ambientais e sobre a saúde que levan consigo. Á súa vez insta o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio, Miguel Arias Cañete, a prohibir os cultivos transxénicos en España.

A campaña trata de responder ás grandes preguntas sobre os cultivos e a alimentación transxénica. Sete apartados resolven as dúbidas da cidadanía a través dun grupo de preguntas e respostas sobre os transxénicos: en xeral, en España, na saúde, na economía, na agricultura, no medio e na sociedade.

Mentras tanto, Amigos da Terra segue traballando en Galicia a prol da adhesión das administración locais á Declaración de “Zona Libre de Tranxénicos”, un acto simbólico de rexeitamento ao cultivo de Organismos Modificados Xenéticamente ao que xa se sumaron ata o de agora máis de 30 Concellos na nosa Comunidade.