Preto xa do peche da “Campaña de Recollida de Sinaturas,” durante os días 11 e 12 de Xaneiro, terá lugar unha nova recollida de sinaturas nas rúas de toda Galicia por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración.
Con esta iniciativa lexislativa popular pretendemos que se debata no Parlamento a actual Lei de residuos e sexa modificada adaptandose á lexislacion europea, respetando as prioridades establecidas para a xestión do lixo; queremos que se adopten medidas efectivas de prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe e compostaxe; e queremos que se exclúa a incineración como opción para o tratamento de residuos en Galicia.
Entre os obxectivos están: a redución dun 10% da xeración da cantidade de lixo xerada, a recollida separada para reutilización e reciclaxe do 60% de cada unha das fraccións do lixo e no caso da materia orgánica que se priorice a compostaxe ben sexa compostaxe caseira, comunitaria ou industrial.
Para acadar estes obxectivos precisamos 15.000 sinaturas; por esta razón, precisamos que vos acheguedes a algún destes puntos de recollida e asinedes a petición.
Venres día 11
A Coruña: Biblioteca ed. Xoana Capdevielle. De 10,30h a 12,30h.
Santiago de Compostela: Praza Roxa e biblioteca Concepción Areal. Mañá e tarde.
Lugo: Carrefour-ó lado do Miño. De 10 a 14h e de 15h a 19h.
Ourense: Rúa do Paseo, fronte ao banco de España. 11h a 14h e 17h a 20h.
O Carballiño: Praza Maior. A partir das 19h.
(Pendente de completar o listado)
Hola, donde podría firmar? Vivo en Gondomar, Pontevedra, existe una lista en la que pueda firmar online?
Gracias, saúdos