Alcalde de Vigo: Non cortes máis árbores!
Dillo asinando esta petición.
Os datos da rede oficial galega de seguimento da contaminación ambiental son contundentes: Vigo é a cidade galega con maior índice de contaminación atmosférica.
Este ano 2012 estamos a punto de superar os niveis máximos recomendados pola OMS segundo reflicten os datos da estatística oficial.
As emisións de CO2 de Vigo achéganse aos dous millóns de toneladas/ano segundo o informe da oficina do Valedor do cidadán/Universidade de Vigo.
As árbores urbanas contribúen decisivamente a mitigar esta contaminación, pero o Concello de Vigo leva anos talando sistemática e inxustificadamente o seu arboredo urbano.
Unha das xustificacións que o Alcalde de Vigo esgrime para lexitimar as devanditas talas é o pouco concreto nin cuantificado argumento de “os veciños pídenme que os corte”.
Demostra ao Alcalde que non é certo, que non queremos que corte árbores.
Grazas pola túa sinatura.
Alguém lhe devería explicar ao Alcalde de Vigo o atrasado que é o método que emprega, a motoserra nom funciona para transportar árbores.
Os seres humanos temos avançado muito. Deixo um video que o exemplifica:
[youtube]1IV10M1RbEA[/youtube]