
Unha vez máis o río Barbaña sufriu un novo verquido, e vemos como xa é unha tradición volvendo a estar contaminado como consecuencia da mala xestión da depuradora do concello de San Cibrao, sen que este tome as medidas oportunas para evitar estes feitos reiterativos e previr as graves consecuencias dos mesmos.
Temos que sinalar que dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa manifestou anteriormente a “reiteración da conduta antixurídica pola entidade local do Concello de San Cibrao”, sendo este sancionado en múltiples ocasións dende os anos 2006 á actualidade polo incumprimento das autorizacións de verquidos.
Así, lembramos a ultima sanción imposta ao concello de San Cibrao das Viñas, con máis de 114.000 euros polos verquidos realizados ao rio Barbaña en marzo de 2010, e aínda queda pendente unha resolución sancionadora moito máis grave dos verquidos producidos en xuño de 2009 que causaron a morte piscícola de 17.000 especies e danos á flora de ribeira.
Dende Amigos da Terra esiximos a recuperación ambiental do Barbaña e tamén demandamos a aplicación de outro tipo de sancións denominadas funcionais, como a revocación de autorizacións ou o peche de instalacións alén da publicación dos datos empresariais daquelas empresas que danan ao medio ambiente.
Verquidos reiterados, denunciados, condeados e novamente reiterados. Quen contamina paga… ou cobra?. E despois a clase política se sorprende da pouca confianza que á cidadanía ten nas institucións. Con estes exemplos municipais…
E no concello de San Cibrao das Viñas onde orixinanse todolos verquidos unha e outra vez sin que os deste concello de San Cibrao das Viñas, digan de que industria do poligono proveñen eso si despois de pasar pola depuradora EDAR de San Cibrao das Viñas. E para sinalar partidos PP.
Declaracións literais do conselleiro Hernández hoxe:”el nuevo sistema puede significar una optimización del funcionamiento de la depuradora que trata residuos urbanos e industriales, y puede repercutir en una minimización del impacto de esos vertidos en el medio ambiente y en el río Barbaña y en el Miño”. Ou sexa, pode significar, minimizar… Vaiamos deixando preparada a denuncia para o seguinte verquido.