logo_semana_prevencion_20092Do 19 ao 30 de novembro celébrase a Semana Europea de Redución de Residuos. E en Amigos da Terra estamos organizando diferentes en actividades en todas as localidades onde contamos con grupos locais.

Nesta cita anual na que participan entidades de toda Europa, en Amigos da Terra queremos concienciar á cidadanía sobre o uso excesivo de recursos naturais, e a necesidade da súa inmediata redución a través dun sinxelo cambio nos nosos hábitos de consumo.

Utilizando o “R” de Reflexión, e tendo como bandeira a Redución, evitaremos o sobre consumo de recursos naturais e diminuiremos a cantidade de residuos xerados cada día.

 

En Galicia teremos o 30 de novembro unha acción de rúa en 2 establecementos comerciais do centro de Vigo, nos que se proporá a todos os compradores que depositen na porta todos os envases dos que poidan prescindir na súa compra. O resultado será unha gran montaña de envases, símbolo do desperdicio de recursos e da incultura do usar e tirar. Á beira da montaña haberá un punto con alternativas e información de interese.

 

Ao final da Semana da redución, presentaremos un informe no que Amigos da Terra está traballando dende hai xa tempo e que fala do sobre consumo de recuros naturais prpopoñendo alternativas de cambio para cada un/unha de nos. Nos vindeiros días estará dispoñible en formaro electrónico.