
O local da asociación ecoloxista, na rúa Policarpo Sanz nº 17 1ºD, é o lugar elixido para levar a cabo o último venres de cada mes, un coloquio participativo sobre temas ambientais aberto ao público en xeral.
O principal obxectivo destas “tertulias” é crear un espazo aberto á cidadanía para o diálogo e o intercambio de ideas sobre noticias ambientais de actualidade, así como debater temas de interese social e compartir dúbidas e información.
Nesta ocasión, o primeiro tema a tratar será o nacemento da plataforma sociopolítica “Equo”, formación que aspira aglutinar o voto verde nas próximas eleccións xerais. Un debate, no que analizaremos as relacións entre o ecoloxismo e a política, así como o papel dos grupos ecoloxistas no panorama político, e que dará comezo ás 19.30 horas.
Para Amigos da Terra, a creación desta iniciativa responde ao crecente interese detectado na cidadanía sobre os temas ambientais, así como a falla dun espazo físico no que poder expresar as súas opinións e dúbidas.
Non podedes faltar, esperámosvos!
O lugar elexido por mim para isto, som os comentarios desta web 😆 …mais que nada porque Vigo queda-me um pouco longe 😕
Em qualquer caso alegro-me que vos juntedes, tocar-se é moi importante 🙄
Bueno, tamén se aceptan as tertulias virtuais pero efectivamente o contacto é importante! A min encantoume estar alí, había diversas opinións o que enriquece o diálogo! Xenial! cando repetimos?