
Amigos da Terra presentou hoxe o informe “Oportunidades para una Ley de Cambio climático en España basada en presupuestos de carbono”, no que pide a implicación real dos políticos galegos na loita contra o quentamento global. A asociación ecoloxista elixiu Vigo para a presentación deste informe porque o Presidente daRed Española de Ciudades por el Clima é Abel Caballero, alcalde da cidade.
O estudo, elaborado por Amigos de la Tierra co apoio técnico dunha consultora especializada, expón a vantaxe, á vez que a necesidade, da implantación dunha lei transversal de cambio climático para que España reduza, de forma segura e planificada, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Esta, é unha das principais conclusións que se pode extraer do informe ‘Oportunidades para una Ley de Cambio climático en España basada en presupuestos de carbono’, que reflicte a necesidade de implantar unha lei transversal para reducir, de forma segura e planificada, as emisións de gases de efecto invernadoiro.
O informe, o primeiro que introduce estes conceptos en España, nace co propósito de iniciar un debate sobre a importancia de desenvolver unha normativa xuridicamente vinculante para que as accións na loita contra o cambio climático sexan “viables, efectivas, medibles e avaliables”.
Para Amigos da Terra unha Lei de Cambio Climático que contemple obxectivos anuais de redución é o mellor camiño para unha planificación estratéxica integradora, e viable economicamente a medio e longo prazo.
O estudo propón tamén que se planifiquen uns presupostos de redución de emisións de forma anticipada de forma que poida haber un escenario economicamente previsible a moi longo prazo, o que tamén favorecería unha maior competitividade para as empresas.
A implementación dunha Lei de Cambio Climático pode ser o “instrumento definitivo” para facer fronte ao reto do cambio climático, posto que constitúe un marco lexislativo transversal que, ademais, introduce traxectorias concretas de redución de obrigado cumprimento a medio e longo prazo.
Este documento enmárcase dentro da campaña SOS Clima que ten por obxecto a demanda de leis nacionais que permitan reducir anualmente as emisións de GEI a 18 países da Unión Europea. No Reino Unido e Escocia recibiu o apoio da clase política, o sector empresarial e a sociedade civil, o que deu lugar a unha lei que lles permite reducir as súas emisións de cara ao 2020 nun 34 e 42%, demostrando que estes niveis de compromiso non só son posibles, senón que son moi necesarios.
Moita repercusión nos medios de comunicación! é reflexo do interese social de mudar o que xa temos porque en efecto, o que xa temos non porá freo ao avance do cambio climático!!