
Amigos da Terra organiza en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), o curso de “Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente.
A importancia que representa o medio ambiente na cooperación ao desenvolvemento é aínda descoñecida por todos os axentes da cooperación galega, por iso o curso pretende:
- Formar as ONGD en Cooperación ambiental
- Facilitar o intercambio de coñecemento e experiencias entre ONGD e asociación ecoloxistas en temas de cooperación e medio ambiente
- Contribuír para que o medio ambiente sexa aplicado de xeito transversal na cooperación, tal e como o recolle o Plan Director de Cooperación Galega 2006 – 2009
Para inscribirte pincha aquí e se queres máis información podes contactar coa persoa responsable de cooperación ao correo cooperacion@amigasdaterra.net