A campaña S.O.S. Clima e As Corcerizas estarán no parque de Belvís informando á poboación.

Estaremos dende as 12.00h da mañá ata as 20.30h da tarde.

Ven celebrar o verán connosco!

A andaina fotográfica de S.O.S. Clima chega a Compostela. Despois de pasar por Ourense, Redondela e Vigo, chegamos á capital galega recollendo centos de mensaxes de persoas que teñen algo que dicir sobre o noso planeta.

As Corcerizas, montadas na ciclobiblioteca, informarán da oferta de actividades no centro de educación ambiental para todo este verán.

Ven celebrar o verán con nós!!