
O Informe, elaborado pola eurodeputada Margrete Auken do grupo de Los Verdes, arroxa ampla información sobre a situación urbanística no estado español.
Esta é a terceira vez que se plantexa o tema urbanístico no Parlamento Europeo, a partir de queixas dos ciudadáns ante a Unión Europea e que podería carrexar a perda de fondos de cohesión europeos para España.
A problemática que suscita o urbanismo salvaxe e insostible amparado polas autoridades locais e a falta de aplicación adecuada e sistemática da lexislación en materia de medio ambiente, “son a primeira causa de moitos problemas relacionados coa urbanización”, afirma Auken, transgredíndose, reiteradamente, directivas de protección ambiental, como a de avaliación de impacto ambiental ou a de avaliación estratéxica, entre outras. Ademais, fáltase, en moitos casos, ao mandato legal que impón ás autoridades locais que consulten á cidadanía sobre os proxectos de desenvolvemento urbanístico con anterioridade á aprobación do mesmo e non cando xa están acordados “os plan de facto”.
Amigos da Terra considera moi valiosa a intervención desta eurodiputada e a implicación doutros membros do Parlamento Europeo xa que, mediante dito Informe, porase de manifesto a situación da irresponsable xestión urbanística en España e a solicitude de paralización dos proxectos municipais insostibles mediante a “declaración dunha moratoria de todos os plans urbanísticos novos que non respecten os criterios de sostibilidade ambiental e de responsabilidade social”.
Nos últimos anos, a costa galega está sendo obxecto e vítima das especulacións urbanísticas é, polo tanto, necesaria a súa pronta protección para salvaguardar unha das maiores riquezas que posúe Galicia: o litoral. Pese á publicación da lei galega de medidas urxentes en materia de ordenación e do litoral (Lei da Comunidad Autónoma de Galicia 6/2007, de 11 de maio, de Medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral), o contido da mesma quedará baldío de non levarse á práctica os preceptos que a mesma contén na materia.
Posibilidade de presentar enmendas ao Informe Auken ata o 27 de xaneiro. Consulta aquí o Informe.