Amigos da Terra, a modo de recurso, pon a disposición pública esta libraría de Documentos.
Podes empregala á vontade.

Filename 170718_PropostasMobilidade_AmigosdaTerra.pdf
Filesize 128,30 KB
Version 1
Date added 25 Novembro, 2021
Downloaded 114 times
Category Xustiza Climática
Tags mobilidade

Nos 15 anos de proposta que leva facendo Amigos da Terra, unha tras outra, todas as corporacións que pasaron polo Concello de Ourense, teñen feito pouco ou nada pola mobilidade sustentable, a integración da bicicleta e a mellora da calidade de vida a través das políticas modernas de mobilidade.

Unha vez máis facemos chegar unha batería de propostas en positivo, e amosamos a nosa disposición de colaborar e concretar xunto coas forzas vivas de Ourense cada unha de estas e outras que poidan sumarse.

Deixamos claro que non queremos servir de parapeto para malas políticas nin participar en procesos que supoñan xustificar as falas solucións en materia de mobilidade.

Por iso establecemos que os principios que deben rexir a mobilidade na cidade de Ourense deben de asentarse nun “pacto cívico” pola mobilidade.