Equipa de voluntarias

As persoas activistas somos axentes de transformación e cambio, expresión de participación cidadá e espazo natural de promoción dunha cidadanía diversa, interseccional e con espírito crítico. Dende o activismo contribuímos á transformación da sociedade, actuando no local para cambiar as realidades de inxustiza a nivel global co fin de conseguir un mundo máis xusto, acolledor, sostible, igualitario e inclusivo. Entendemos que o activismo non é un elemento de distracción ou entretemento, que non é un fin senón un medio, unha verdadeira ferramenta que temos as organizacións da sociedade civil organizada para transformar a sociedade.

En Amigas da Terra acollemos igualmente a persoas que participan de maneira permanente, colaborando cunha área específica, puntualmente ou a diario, a distancia ou de forma presencial. Depende de ti e as túas circunstancias.

A que esperas? Apúntate!