A VII edición das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) céntrase na formación en temáticas transversais nos espazos da educación non formal e informal.
As sesións están dirixidas ás futuras e aos futuros profesionais da educación das diferentes especialidades, profesorado en exercicio e persoal das entidades sociais
A celebración da xornada será en formato virtual. Coa intención de adaptar a posibilidade de acceso aos contidos preséntanse sesións entre o 5 e o 7 de maio
Residuo Cero Lab
Un grupo de activistas residuo cero desenvolveremos un taller para abordar conceptos globais pero tamén moi concretos sobre o mundo descoñecido dos residuos para acadar unha visión crítica que nos permita crear e desenvolver alternativas de forma participativa que camiñen cara o Residuo Cero.
- PRESENTACIÓN — Patricia 5’
- XOGO DE INTRODUCCIÓN (KAHOOT) Samuel — Patricia 10 ‘
- INTRODUCIÓN TEÓRICA — Laeticia 20’
- XOGO TRANSICIÓN 5’ — Oscar
- XOGO ROL 50 ‘ — Ana
- DEBATE FINAL E CONCLUSIÓNS 25’ — Fernando
- DESPEDIDA: FÁBULA FINAL — Samuel 2’
Esta actividade atópase dentro do proxecto Residuo Cero Lab do programa de Iniciativa Xove
Leave A Comment