Xornada de Avaliacion e peche do programa Iniciativa xoven

Cargando eventos

Este vindeiro xoves, orgaizaremos unha sesión de avaliación das accions do proxecto coas traballadoras e voluntarias de Amigas da Terra en Santiago.

Trataremos de revisar as actividades, analizar os obxectivos deseñados e a consecución dos resultados agardados. Faremos un espazo de leccions aprendidas e trataremos de facer un documento de propostas de melloras para continuar traballando con persoas voluntarias dun xeito integrador, empoderador e capacitandoas para facer dos espazos ambientais, lugares nos que máis mozas e mozos poidan desempeñar labores de voluntariado ambiental en Galicia.

Esta actividade está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude https://xuventude.xunta.gal/

Leave A Comment

Go to Top