Queres coñecer unha Comunidade de Montes referente en Galicia?
A Comunidade de Montes de Froxán (Lousame) é unha pequena comunidade que xestiona monte comunal nunha extensión de pouco máis de 100 hectáreas. No 2006, tras un grande incendio, decidiron cambiar o xeito de explotar o monte, mediante a eliminación de masas forestais de risco e a reintrodución de frondosas. Ademais, decidiron apostar por unha estratexia a longo prazo, baseada na diversificación da plantación introducindo as variedades máis axeitadas para cada lugar. Este proceso é apoiado a través do voluntariado ambiental que organizan periodicamente. O sábado Amigas da Terra organizará xunto con esta Comunidade unha nova xornada de no que terás oportunidade de coñecer este proxecto transformador e contribuír á súa loita por recuperar o monte galego.
Realizaremos tarefas de descascado de eucalipto e corte de piñeiros para preparar unha zona para replantar no inverno con árbores autóctonas.
De cara á organización da actividade e ás estimación de participantes precisamos que te inscribas antes do 31 de outubro. Uns días antes da actividade formalizaremos a inscrición defintiva e todos os detalles. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Montescola
Preinscrición: https://forms.gle/zjv3DrGGyR1UTBpUA

Leave A Comment