Comezamos cunha serie de formacións englobadas dentro do proxecto de Residuo Cero en colaboración ca UVigo e a USC e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Cando?
xoves 15 ás 12:00
Onde?
online a través da plataforma zoom polo que será necesaria a inscrición previa no correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Que?
Neste taller aberto coñeceremos conceptos globais pero tamén moi concretos sobre o mundo descoñecido dos residuos, entenderemos cal é o deu ciclo, cales son as estratexias da industria e acadaremos unha visión crítica que nos permita crear e desenvolver alternativas que camiñen cara o Residuo Cero.
Cada ano a nosa pegada ecolóxica é maior e a causa ten que ver co noso modo de consumir e dos residuos que xeramos. É necesario coñecer e apostar por alternativas máis eficaces que os modelos actuais de produción de bens e xestión de residuos.
A redución, a reutilización e a reciclaxe deben ser a base destes sistemas para avanzar cara ao residuo cero.
A estratexia Residuo Cero, consiste nun cambio de “cultura” na xestión de residuos. É unha formulación na que desde o principio tense en conta que produtos que se poñen no mercado, e para evitar o uso desmesurado de materiais, cámbiase o seu deseño, a súa composición, a súa reparabilidad, etc.
Leave A Comment