O concello de Nigrán está a preparar unha campaña para a noite de San Xoan para o fomento dun cambio cara un comportamento eco-social máis coidadoso e Amigas da Terra conformará unha equipa de concienciación ambiental.
- Que facer como activista? Traballaremos en parellas a pé de praia para lembrar ás asistentes as obrigas que conleva o respecto dun espazo natural.
23 de xuño, de 14:00-20:00.
Nigrán – Praia de Panxón e Praia América.
- Como inscribirme? Escribe a activistas@amigasdaterra.net
- Data límite de inscrición: 18 de Xuño ás 14:00.
Darase máis información sobre a acción e as condicións ás persoas interesadas en participar.
Animáste a contribuir na transformación dun mundo máis xusto?
Leave A Comment