Pasarela de Usar e Tirar no Agrocuir

Cargando eventos

Esta fin de semana, da man da organización do Agrocuir e a deseñadora Ana Lee estaremos en Monterroso organizando un espazo ludico e de sensibilizacio sobre a necesidade de alongar a vida util dos produtos  e a redución de residuos.

Para isto, organizaremos con modelos voluntarias e os deseños de Ana Lee unha pasarela de usar e tirar na que poremos o foco nas consecuencias do uso de distintos materiais e sensibilizaremos en opcions durables, circulares e sustentables.

Teremos tamen un espazo de recollida de propostas de mellora dentro do festival que serán trasladadas á organización para poder facer melloras de cara a edicións futuras.

Esta actividade está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude https://xuventude.xunta.gal/

Leave A Comment

Go to Top