Participa no curso práctico de Cociña Vexetariana,Vegana, ecolóxica e local
Dende Amigos da Terra organizamos diversas actividades de educación e sensibilización ambiental para coñecer como a Política Agraria Común pode contribuír a transición ecolóxica, e como dende do ámbito individual e colectivo podemos aplicar a estratexia da “granxa a mesa” nos nosos hábitos de consumo sendo máis activos para conseguir un mellor sistema de alimentación e agrícola.
Durante este mes de Febreiro levaremos a cabo un curso práctico de cociña vexetariana, vegana, e ecolóxica, achegándonos a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos dun xeito saúdable.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñerecemos novas recetas vexetarians e veganas.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Organizamos dúas edicións do mesmo curso, nas cidades de Pontevedra e Vigo
Lugar e Horarios
Local de “Xaruma” Rúa Sanjurjo Badía nº 79, no Centro Garate detrás do Hórreo (Vigo)
sábado pola tarde de 17.00 h a 20:00h
Curso gratuíto
As prazas son limitadas!
Incricións para o curso en VIGO,
Apuntate aqui: https://forms.gle/yqT3jFWtphJFkwrx9de
Máis información: info@amigasdaterra.net
Leave A Comment