Imos á Folga Feminista!

Cargando eventos

Como ecoloxistas traballamos pola xustiza e contra todo tipo de desigualdade.

Por este motivo, sumámonos á folga laboral, a folga de coidados e a folga de consumo do 8 de marzo. Xuntas imos loitar para lograr a igualdade nas nosas sociedades.

Somos todas! Ven á manifestación!

Esta mobilización é posible grazas á alianza de mulleres que durante séculos defenderon os nosos dereitos. A lista de mulleres activistas para conseguir a igualdade real vai en aumento. É a mobilización multitudinaria, continua e transversal a que nos permitirá acadar dunha vez por todas os dereitos que a historia patriarcal nos negou durante milenios.

Mulleres campesiñas, mulleres urbanas, todas nos sumamos a esta loita que medra de forma imparable.

Somos todas. Xuntas, paramos o mundo nunha folga sen precedentes que seguirá nutrindo e afianzado o movemento feminista. Na actualidade a pobreza e a precariedade laboral afectan principalmente as mulleres, tan só en España gañamos un 35% menos de media que os homes.

En Amigos da Terra loitamos pola xustiza social e a xustiza ambiental, pero estes obxectivos non serán posibles sen a xustiza de xénero, que afecta a todas as facetas da nosa vida.

Por estes motivos unímonos á folga feminista, para sumar e visibilizar que somos todas as que apoiamos e formamos parte da loita feminista.

Únete!

Manifestación en Vigo:  Ás 12 horas dende a Vía Norte (esquina con Urzaiz) e rematará coa lectura do manifesto na Praza do Berbés

Convocatorias manifestacións locais

Manifesto

 

 

 

Leave A Comment

Go to Top