Gustaríache deixar de depender dun oligopolio enerxético que nos estafa?
Queres pagar un prezo xusto pola electricidade?
Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha!
A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa.
Para reflexionar xuntas sobre este tema, e convidadas polo Sindicato Labrego Galego, dende Amigas da Terra participamos neste faladoiro xunto con Manuel Fontaíña, do proxecto Biok e Ana Millán e Gabriele Von Hundelshausen da Comunidade enerxética Mar&Luz, de A Illa de Arousa
Non o perdas!
Sábado, 16 de decembro, das 11:00 ás 13:30h
Concello vello de Santiso, Ponte de Arcediago
Máis información no 686 936 429
Leave A Comment