Calendario de eventos

Últimos eventos pasados

Mesa redonda Mobilidade e espazo público (Vigo)

online

Mesa redonda «A mobilidade e o espazo público nas cidades post-covid» dentro das xornadas «Reinventando Vigo». Espazo de debate coa participación de: Gemma Simon de ConBici Sara Ortiz Escalante do Col.lectiu Punt 6 Adrián Fernández de Greenpeace Antón Lois de Amigos da Terra Galicia Entre todas elas darán unha visión xeral sobre as necesidades de [...]

Charla-coloquio “Coidar a auga” (Navia, Vigo)

Centro Cultural Emilio Crespo Rúa Bravo, Nº 6, Navia, Vigo

Dentro do Ciclo Medioambiente, Educación e Compromiso Social das asociacións de veciños Novo Vigo e "Emilio Crespo" de Navia, o noso compañeiro Antón Lois, dará unha charla titulada "Coidar a Auga". Tamén participará Afonso da Comunidade de Montes de Coruxo: "Restaurando o Territorio Común".  

Charla obsolescencia programada e electrónica ética

Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo Campus Lagoas-Marcosende , Vigo

María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. Por outra banda, Daniel Vila, de Enxeñería sen [...]