Cañas para reflexionar sobre activismo

Cargando eventos

Algunhas persoas da asociación ímonos xuntar para darlle unha pensada ao activismo/voluntariado na asociación..

Para que?
Agora que estamos traballando con metodoloxías de Educación popular, que nos estamos repensando… estamos facéndonos moitas preguntas….

Existe un verdadeiro grupo de voluntariado ou activistas na asociación?        Queremos telo?           Que precisas como voluntaria da asociación?         Que che falta?        Que che podemos dar?          Que precisa a asociación de ti?           É necesaria unha maior implicación?         esta é a participación que queres?

Se che gustaría que Amigos da Terra funcionara doutro xeito, se queres mellorar a túa implicación ou participación, axúdanos a pensar o como!!!

Cando?
Mañá mércores 7 de febreiro as 18:15 no Bar O Moucho.

Agardámoste!!! Nos poñemos a cervexa 😉 (ou unha infusión ou café quentiño)

Se non podes vir presencialmente, podes facelo online a través da plataforma zoom, só tedes que copiar este enlace https://zoom.us/j/250314244 ou chamar ao  teléfono 91 198 0188 co  ID de la reunión: 250 314 244. Avísanos se queres conectarte!

Leave A Comment

Go to Top