Angel Dorrío

About Angel Dorrío

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Emprendemos accións legais contra a Comisión Europea polo seu apoio a 30 proxectos de gas

A lista dos “Proxectos de Interese Común” aprobada pola entidade europea inclúe 30 novas infraestruturas gasísticas, o que provocou que organizacións ecoloxistas, entre as que se atopa Amigos da Terra Europa, abriran un procedemento legal para evitar os plans da Comisión Europea.

Amigos da Terra Europa xunto a ClientEarth, Food & Water Action Europe e CEE […]

By |2022-06-10T15:18:42+02:0010 de Xuño, 2022|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Emprendemos accións legais contra a Comisión Europea polo seu apoio a 30 proxectos de gas

A compostaxe para a inserción laboral de persoas vulnerables

Desde Amigos da Terra organizamos seis cursos profesionais de compostaxe en Galicia e Madrid para avanzar na transición ecosocial

Nesta segunda edición, a organización ecoloxista aposta pola creación de emprego para as persoas máis vulnerables con dificultades para acceder ao mercado laboral

Organizamos por segundo ano consecutivo seis cursos básicos de mestría en compostaxe, co fin de […]

By |2022-06-09T10:08:26+02:009 de Xuño, 2022|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en A compostaxe para a inserción laboral de persoas vulnerables

Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica

Na xornada de onte, con motivo do Día do Medio Ambiente, a Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza baixo o lema de “Temos Alternativa!. Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por […]

By |2022-06-06T23:32:16+02:006 de Xuño, 2022|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica

Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha convocada pola coordinadora “Eólica Así Non” por unha enerxía pór e para o pobo

A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente

Tras o […]

By |2022-06-04T10:21:03+02:004 de Xuño, 2022|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha convocada pola coordinadora “Eólica Así Non” por unha enerxía pór e para o pobo

Concurso fotográfico “Que bonita é a miña horta!”

Dende Amigos da Terra organizamos diversas actividades de educación e sensibilización ambiental para coñecer como a Política Agraria Común pode contribuír a transición ecolóxica, e como dende do ámbito individual e colectivo podemos aplicar a estratexia da “granxa a mesa” nos nosos hábitos de consumo sendo máis activos para conseguir un mellor sistema de alimentación […]

By |2022-07-20T10:13:27+02:001 de Xuño, 2022|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Concurso fotográfico “Que bonita é a miña horta!”
Go to Top