As altas temperaturas provocan máis de 4.600 mortes ao ano só en España ao ano. Neste sentido, as cidades son un espazo crave de actuación. Aínda que só ocupan o 2% da superficie terrestre, aglutinan a máis da metade da poboación e son responsables do 70% das emisións de gases de efecto invernadoiro.

A renaturalización das cidades é unha das medidas que pode favorecer tanto a adaptación como a mitigación do cambio climático. As zonas verdes urbanas permiten a redución a escala local das temperaturas, ademais de xerar espazos de encontro e lecer e mellorar a saúde das persoas, tanto física como mental.

No ámbito rural colaboramos con Comunidades de Montes que levan a cabo iniciativas de recuperación do bosque autóctono e posta en valor do uso multifuncional do monte galego. Eliminación de especies invasoras como o eucalipto e a acacia, plantación de frondosas e roteiros interpretativos son algunhas das accións que apoiamos.

É imperativo reducir o consumo de recursos naturais que exercen presión sobre os territorios, reclamar que temos dereito á natureza, restaurar os ecosistemas a gran escala e denunciar falsas solucións como compensacións de carbono ou certificacións de conveniencia.  Por iso:

 

  • Rexeitamos a privatización da biodiversidade, así como calquera mecanismo que impida a comunidades locais e pobos indíxenas o seu uso e protección. Respectamos as prácticas culturais tradicionais e sostibles así como todo o coñecemento que comunidades locais e pobos indíxenas desenvolveron a través de centenas de anos. Así mesmo, denunciamos que a natureza é insubstituíble, e os danos nun lugar non poden ser compensados noutro.
  • Tratamos a conservación e restauración desde un enfoque ecosistémico. O debate sobre a perda da biodiversidade baseouse na conservación de especies concretas, icónicas, separándoas das persoas e a sociedade, o que salvo en contadas ocasións, implicou accións pouco eficaces. Necesitamos integrar ao ser humano na natureza, porque somos parte dela, e vela como un conxunto de especies, relacións e procesos.
  • Esiximos un Plan de Transición Xusta baseada na creación de empregos públicos que permita afrontar coa urxencia necesaria a perda de biodiversidade, e que sirva á súa vez para apoiar o peche paulatino das actividades económicas daniñas contra a vida.
  • Traballamos para que se respecte o dereito á natureza, tanto no medio rural como nas cidades, onde reclamamos unha renaturalización urxente destas, con medidas sociais para evitar que xere desigualdades.