TECEDORAS DO CAMBIO. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.
Exposición composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países. Todas elas, mulleres imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades. Labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas e mariscadoras que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar man a man con ONGD galegas. Unha exposición que visibiliza, dá voz e pon en valor a historia de vida e de loita destas 23 mulleres. Amigos da Terra aporta a fotografía da nicaragüense Yolidia Hernández
A exposición inaugurarase o 29 de maio ás 11.30 h.
Estará aberta ao público en horarios de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 h de martes a sábado. Os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.


Leave A Comment