Amigos da Terra participa desta interesante actividade organizada pola Coordinadora Galega de Ongd en Santiago de Compostela sobre sobre as causas e consecuencias globais dos conflitos xerados pola minaría extractiva.
Nela intervirán o activista mexicano, Gustavo Castro, compañeiro de Amigos de la Tierra México e cofundador da REMA Red Mexicana de Afectados por la Minería e Isabel Vilalba Seivane, secretaria do Sindicato Labrego Galego e membro de Contraminacción, rede contra a minaría destrutiva de Galiza.
Gustavo foi compañeiro de loita de Berta Cáceres xunto a quen denunciou, e segue a facelo, os abusos das multinacionais en América Latina.


Leave A Comment