A aposta integral e decidida pola xestión da materia orgánica en orixe a través da compostaxe e na que participa Amigos da Terra xa conseguiu en poucos meses que a cantidade de residuos enviados a incinerar se reduza sensiblemente.
Desde mediados de 2016 o proxecto REVITALIZA impulsado pola deputación de Pontevedra está a facer cambiar o paradigma dos residuos en España e converténdose nun exemplo de compromiso político co “residuos cero”. Amigos da Terra está implicada directamente neste macro proxecto e achegando a experiencia que desde hai máis de 15 anos acumulamos coa compostaxe doméstica.
A aposta do REVITALIZA supón un antes e un despois no compromiso dunha rexión española polo “residuos cero”. Pola súa dimensión pero tamén pola implicación política e económica afecta a 36 dos 61 municipios, 10 comarcas e 950.000 cidadás-vos e supón a día de hoxe o mellor e o maior exemplo que temos no estado e no cal nos comprometemos como organización ecosocial:
– Coa xestión descentralizada e en orixe da materia orgánica.
– Coa sustentabilidade económica dos concellos que desde hai anos soportan os inaceptables gastos de incineración da empresa SOGAMA.
– Coa participación cidadá e a educación ambiental tanto a nivel de compostaxe domiciliaria como comunitario.
– Co obxectivo Residuo Cero.
Nesta primeira fase, varios municipios están á cabeza do cambio de paradigma. Algúns deles son Vilaboa, Mondaríz, O Grove, Mondariz Balneario ou As Neves, que serán durante 2018 e 2019 os primeiros en pasar a unha xestión dos residuos orgánicos completamente descentralizada a través da compostaxe en 2020. Pola súa banda, Amigos da Terra fará o seguimento e implantación dos máis de 4000 composteros domésticos soamente no próximo ano.
Nos meses que o proxecto leva en marcha non só conseguiu frear o crecemento dos residuos incinerados senón que temos datos que demostran que conseguimos reducilo ata un 5% nalgúns municipios nun contexto de aumento do PIB que ata o de agora se vinculaba ao aumento da xeración.
Esta fin de semana presentamos esta iniciativa no encontro internacional da Rede Zero Waste Europe, na que foi acollida con gran admiración.
Neste encontro, 22 organizacións de toda euorpa deron o seu apoio e a pediron a colaboración de todos os estamentos do estado autonómico e central para que unha iniciativa desta embergadura sexa exitosa e converta a Pontevedra nun exemplo en España e en Europa para outras rexións que queren facer do residuo cero unha realidade no curto prazo.