
Amigos da Terra, xunto con outras organizacións sociais, participou o pasado domingo na concentración celebrada en Santiago de Compostela con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se dedicou a sensibilizar sobre o abandono do carbón para frear o cambio climático e contra a degradación do litoral galego.

O cantante Xurxo Soto foi o encargado de facer a lectura do manifesto “Por un futuro sen carbón. Por unha costa sen cemento e lonas negras”.
En relación a concienciación da cidadanía sobre a problemática do cambio climático, dende Amigos da Terra estamos levando a cabo a campaña S.O.S Clima e animámosvos a que participedes.