burro_portada

Amigos da Terra anuncia a involución da Administración en relación á defensa dos animais e a falta reiterada de incumprimentos legais a este respecto. Existe unha exigua regulación sobre os dereitos dos animais e as obrigas dos propietarios dos mesmos, regulación que é reiteradamente incumprida e cuio resultado é a impunidade dos maltratadores.

Un exemplo desta alarmante situación aconteceu o pasado venres cando foi atopado moribundo un burro que presentaba unhas lamentables condicións xa que o propietario nun abuso de autoridade do que fai alarde continuamente o ser humano, decidiu mantelo sen unhas condicións hixiénicas e sanitarias mínimas. O podenco presentaba tal deformación das patas e pezuños que non se podía manter en pe. Finalmente, e logo de atoparse o animal nunha cuneta, decidiuse dar morte ao mesmo pola inoperancia da que é acusada a Administración.

Fonte: Gonzalo Núñez. Faro de Vigo

burro_400

Non son casos aillados, senón que continuamente son moitos os cidadáns anónimos que denuncian as malas condicións que presentan os animais baixo a tutela dos seus propietarios. Neste senso, ponderar a inutilidade dos órganos competentes sobre a xestión e protección dos equinos trabados nos montes e a imposición de multas por estas ilegalidades: as sancións son escasas ou nulas e a presenza de equinos con cepos inmobilizadores nos montes é, pola contra, continua.

A administración debe facerse cargo de informar aos cidadáns e propietarios dos équidos, da responsabilidade que acarrexa dita titularidade xa que hoxe en día non é permisible o maltrato animal. Nun Estado de Dereito onde a proliferación normativa sobre medio ambiente é incuestionable, o maltrato animal supón unha lamentable carta de presentación.

Por iso, Amigos da Terra non dubida en denunciar a nomeada inoperancia e desleixe administrativo e así mesmo, solicitar que se difunda a idea proposta por unha comunidade de montes de subastar aqueles equinos dos que o propietario non declara a súa titularidade para evadir responsabilidades e multas económicas. Amigos da Terra lembra que existen sancións funcionais como a revocación da titularidade dos animais para os maltratadores.